Foro Galego de Atención Primaria

Debate III. Equipo integrado ou ambulatorio multiprofesional


Descripción do evento

A pandemia da COVID-19 está tendo un impacto enorme nos nosos centros de saúde, que responderon con rapidez e flexibilidade. Esta crise está a exercer un nivel de presión sen precedentes sobre todos os profesionais, cun pensamento novo e en evolución sobre como abordar de xeito eficiente e efectivo os continuos desafíos que crea para os que traballan na primeira liña de atención.

O SERGAS, como outros servizos de saúde, introduciu cambios radicais en termos de reorganización da atención, protocolos de priorización, atención con medios dixitais, buscando ó mesmo tempo, que se atendese ós máis vulnerables da poboación e a quen presta os servizos esenciais.

Unha presión sen precedentes sobre a base dun sistema cun financiamento de atención primaria e uns ratios de persoas por profesional moi afastados do desexable. Hai unha serie de áreas claves que as organizacións sanitarias deben enfrontar actualmente: un redeseño dos servizos de saúde vertebrado por e con atención primaria, a planificación do número e competencias dos profesionais, a colaboración dentro do centro de saúde e con outros recursos do sistema, o papel da tecnoloxía da información e dos cidadáns.

Incorporamos a este Debate III as perspectivas de diferentes profesionais, conscientes de que máis voces deben ser escoitadas, e contamos con incorporalas en debates sucesivos. Queremos coñecer a visión do seu papel en atención primaria e como colaborar cos demais profesionais.

MESA: PRIMEIRA PARTE. 18:00 – 19:00

  • MORDERADOR. Jorge Couto Catoira. Enfermeiro. Equipo vacunacion Covid AS Ferrol/CS Neda
  • RELATOR: Benita Martinez García. Matrona. CS Villalba.
  • RELATOR: Guillermo Bilbao Ogando. Fisioterapeuta. CS Carballedo
  • RELATOR: Isabel Ferreira Somoza. PSX. PAC Terra de Montes
  • RELATOR: Beatriz Aranzazu Soto. Traballadora Social. Área Sanitaria de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras.

MESA : SEGUNDA PARTE. 19:00 – 20:00

  • MODERADOR: Rosendo Bugarín González. Médico de Familia. CS Monforte de Lemos
  • RELATOR: Xose Luis Álvarez Prieto. Enfermeiro. CS Maceda, Ourense
  • RELATOR: Mercedes Pereira Pía. Farmacéutica. CS San Roque, Lugo
  • RELATOR: Yolanda Castro Casanova. Psicóloga. CHOU Ourense
  • RELATOR: Leopoldo Blanco Serrano. Odontólogo. CS Fene Ferrol

ASAMBLEA DE SOCIOS E SOCIAS. 20:00 – 20:30

Ubicación

Debate Online

Fecha/Horario

Día(s) - 20/05/2021
6:00 p.m. - 8:30 p.m.

Reservas (48 restantes)

As inscricións están cerradas para este evento

Nós e socios seleccionados utilizamos cookies ou tecnoloxías similares como ven especificado na politica de cookies. Podes aceptar o uso de ditas tecnoloxías no boton de aceptar ou podes consultar    Más información
Privacidad