Foro Galego de Atención Primaria

Presentación

Houbo un tempo antes da pandemia. Houbo un tempo en que os profesionais de atención primaria de Galicia reclamamos infatigablemente, cada xoves, o que agora todos recoñecen: que debiamos transformar a nosa forma de traballar, as nosas relacións coa comunidade e axentes locais, a nosa organización e financiamento.

Xa non saímos os xoves, non podemos. Pero a reflexión e o debate non se detiveron, en ningún momento. A dispersión dos centros de saúde, que nos achega aos pacientes, dificulta a nosa comunicación, compartir inquietudes e experiencias.

Por iso, profesionais de diferentes áreas agrupámonos para iniciar este proxecto. Pretendemos construír un espazo para o debate, para a análise, para apartar ideas novas a problemas vellos, da nosa comunidade ou doutras. Para definir QUE e COMO cremos que deben ser os cambios. Haberá un tempo despois da pandemia e a supervivencia. Haberá un tempo para construír. Haberá fondos europeos para estimular a recuperación e a innovación.

Queremos que esta web incorpore as voces de todos, de profesionais, de cidadáns, para iluminar esa metamorfose que tanto necesitamos.

Xunta directiva

Ana Clavería

Técnica de saúde. Vigo

Antonio Regueiro

Médico de familia. Vilanova de Arousa

Carlos Eirea

Médico de familia. Bueu

Celsa Perdiz

Traballadora social. Ourense

Celso Sanchez.

Médico de familia

Ché Fernandez

Médica de familia. Leiro

Chus López

Médico de familia

Daniel de Bernardo

Médico de familia. Valga

Flora Miranda

Médico de familia. Valga

Jesús Sueiro

Médico de familia. Santiago de Compostela

Luis Fransi

Médico de familia. Pontevedra

Pilar Vázquez

Médica de familia

Ramón Veras

Médico de familia. A Coruña

Rosendo Bugarín

Médico de familia.

Susana Aldecoa

Médico de familia. Vigo
Nós e socios seleccionados utilizamos cookies ou tecnoloxías similares como ven especificado na politica de cookies. Podes aceptar o uso de ditas tecnoloxías no boton de aceptar ou podes consultar    Más información
Privacidad